Arquivo da categoría: Facilitación de procesos

Avaliación Final e Liña de Base: “Escolas Sen Racismo”

Durante o ano 2021 non estivemos paradas, entre outras cousas, estivemos colaborando con Asemblea de Cooperación Pola Paz (en adiante, ACPP) e Asociación Galega para a Comunicación Social (en adiante, AGARESO) en dous consultorías externas: unha para a elaboración da Avaliación Final do Proxecto “Escolas Sen Racismo,Escolas para a Paz e o Desenvolvemento  2020”; e outra para a elaboración dunha Liña de Base do Proxecto “Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento 2021”

O proxecto leva moitos anos sendo avaliado, polo que non resultou doado, pero aínda así, algunha das recomendacións da avaliación xa se está a poñer en práctica durante este curso académico.

Con respecto á liña de base, en palabras da entidade: “resultada un documento moi interesante e útil”.

Estamos contentas de ter desenvolvido estes traballados para unha organización como Asemblea de Cooperación Pola Paz (que tanto se nomea cando estudamos) en coordinación con AGARESO, unha organización importante e salientable pola súa contribución a tantos proxecto tanto en Galicia coma no exterior.

Trala última reunión mantida xa estamos planificando a próxima intervención con estas dúas entidades: a Avaliación Final de “Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento 2021”.

Parabéns á coordinación do proxecto, polo tandem entre as dúas organización  (ACPP e AGARESO), e por poñer tanto mimo e interese en este proxecto, non só para lograr os mellores resultados, senón tamén para que este siga progresando e adaptándose ás condicións actuais.

Grazas por ter contado con Faísca Consultora!

Foi un pracer colaborar con vós e seguir fancéndoo este 2022!

“Fotos da recollida de información para a Avalición Final de Escolas Sen Racimos 2020”

Sistematización do Programa “Horizonte 2030”

Xa fai uns meses rematamos a Sistematización do Programa “Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora”, programa desenvolvido por Solidariedade Internacional de Galicia.

Foi un traballo intenso, desenvolvido a través de diferentes técnicas de análise de datos, tanto cuantitativas, como cualitativas. Ademais de empregar técnicas de facilitación de grupos, coa colaboración de Bugui García (facilitador organizacional e creador da metodoloxía de Facilitación Sistémica) e facilitación gráfica, coa axuda das infografías creadas por Idoia de Luxán (Deseñedora Gráfica e Ilustradora).

Entre todas as persoas participantes conseguimos facer unha reflexión sobre o acontecido nestes 4 últimos anos que camiñou o programa “Horizonte 2030”, navegando entre os puntos fortes e débiles deste percorrido, e afondando nas vivenciais ás que deu lugar.

O programa deu como resultado a ferramenta de participación social “O Globo”, concebida no seu primeiro momento como un observatorio de participación en Educación para a Cidadanía Global. Na súa web, podedes atopar un motón de micro-experiencias de transformación social que se están a desenvolver, non só en Galicia, senón tamen no resto do Estado.

É un pracer ter feito este traballo, para nós tan bonito, en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia, e xs maravillosxs profesionais que participaron na súa elaboración.

Grazas a todas as persoas participantes en todo o proceso, sen elas non podería ter sido elaboradora esta sistematización.

Grazas a Solidariedade Internacional de Galicia por confiar en nós unha vez máis.

E grazas ás nosas persoas colaboradoras, Bugui García e Idoia de Luxán, por facilitar, ademais do resultados obtido, todos o seu bo facer e profesionalidade.

Obrigadas!

<Portada da Sistematización do Programa “Horizonte 2030” creada por Idoia de Luxán.>

I Plan Estratéxico Xuvenil

Dende Solidariedade Internacional de Galicia (en adiante, SIG) contaron con Faísca Consultora durante os meses de novembro e decembro do 2020 para a Elaboración dun Diagnóstico sobre intereses e necesidades en Participación Xuvenil, que servíu para nutrir o I Plan Estratéxico Xuvenil Participado desta entidade.

Durante a súa elaboración aplicamos técnicas cuantitativas e cualitativas, para a obtención do Diagnóstico, ademais de espazos grupais facilitados  grazas á axuda do noso colaborador Bugui García (falicitador de grupos e creador da metodoloxía Facilitación Sistémica), para crear un documento estratéxico participado por gran parte das persoas mozas da entidade.

Foi un proceso no que se recurríu a axentes externos da entidade, na parte do Diagnósticos, e a axentes internos, na parte de construcción e consenso do documento.

Así, o resultado do proceso é o I Plan Estratéxico Xuvenil de SIG, que de maneira participada recolle os sentires da maioría das persoas mozas que participan na entidade dende distintos roles (Voluntariado, Xunta Directiva, Equipa Técnica e Persoas en Prácticas).

É unha delicia para nós, que, tanto no proceso, coma no resultados final, as persoas participantes viran reflexadas as súas contribución, xa que creemos que en colectivo pódense facer cousas más potentes, xeitosas, eficaces, eficientes e representativas dos sentires, que se o fixéramos de maneira individual.

Dende Faísca Consultora queremos dar as grazas a Solidariedade Internacional de Galicia por ter contado con nós para este traballo tan fermoso.

Agardamos que o producto acadado sirva para comezar a camiñar pola senda da Participación Xuvenil en Solidariedade Internacional de Galicia.

Moitas grazas por contar con nós!

 

Emprendemento WendalGreen

Dende Faísca Consultora, levamos xa un tempo acompañando a WendalGreen no seu proceso de emprendemento, concretamente no deseño da idea de negocio.

Tivemos varias sesións onde traballamos un DAFO sobre as posibilidades da idea de negocio, un mapa de experiencias para o deseño dos servizos e sub-servizos que quere ofrecer como empresa. Ademais de traballar a misión, visión e valores sobre os que se sustenta WendalGreen.

Paso a paso, imos camiñando cara á concreción dos seus obxectivos, cunha metodoloxía flexible baseada na Facilitación Sistémica, que se adapta ás circunstancias, á propia idea de negocio e á persoa que hai detrás dela.

Soñamos alto e forte, pero cando queremos aterrar a idea é preciso comenzar por cousas pequenas e factibles, para ir construíndo pouco a pouco, e dando pasos de cara a cumprir os nosos soños.

Queremos dar as grazas a WendalGreen por confiar en Faísca e facernos partícipes dos seus soños.

Esperamos que todo este acompañamento no seu emprendemento, sirva para crear unha idea de negocio productiva e acorde aos tempos que corren. Desexámoste o maior dos éxitos. Ogallá sigas desfrutando de todo o proceso, tanto como dos primeiros pasos.

Mil grazas por contar con nós!

E grazas tamén ao resto de persoas autónomas que tamén confiaron en Faísca Consultora para desenvolver os seus diferentes procesos de emprendemento.

Cada persoa é un mundo, ten as súas propias necesidades e os seus propios interes, e nós intentamos adaptarnos a elas, sempre seguindo os seus propios sentires.

Grazas a todas!

 

Sesión de Elaboración de misión, visión e valores
Sesión de Elaboración do Mapa de Experiencia de Servizos e Subservizos

Consultoría para a Dinamización Xuvenil do Barrio da Sagrada Familia

Servizo: Elaboración de proxecto de dinamización.

Proxecto: Consultoría para a Dinamización Xuvenil do Barrio da Sagrada Familia.

Cliente: Licitación do Concello da Coruña- Concellería de Participación e Innovación Democrática- Ámbito Local.

Alcance:

  • Elaboración do proxecto de dinamización.
  • Elaboración dun diagnóstico sobre os intereses da poboación xuvenil do Barrio.
  • Elaboración da sistematización da experiencia.
  • Desenvolvemento do proxecto de dinamización.
  • Recollida e análise de datos avaliativos e memoria final do traballo realizado.