Todolos artigos de: Faisca Consultora

Consultoría para a Elaboración da Sistematización do Programa “Horizonte 2030”

Xa fai uns meses rematamos a Sistematización do Programa “Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora”, programa desenvolvido por Solidariedade Internacional de Galicia.

Foi un traballo intenso, desenvolvido a través de diferentes técnicas de análise de datos, tanto cuantitativas, como cualitativas. Ademais de empregar técnicas de facilitación de grupos, coa colaboración de Bugui García (facilitador organizacional e creador da metodoloxía de Facilitación Sistémica) e facilitación gráfica, coa axuda das infografías creadas por Idoia de Luxán (Deseñedora Gráfica e Ilustradora).

É un pracer ter feito este traballo, para nós tan bonito, en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia, e xs maravillosxs profesionais que participaron na súa elaboración.

Grazas a todas as persoas participantes en todo o proceso, sen elas non podería ter sido elaboradora esta sistematización.

Grazas a Solidariedade Internacional de Galicia por confiar en nós unha vez máis.

E grazas ás nosas persoas colaboradoras, Bugui García e Idoia de Luxán, por facilitar, ademais do resultados obtido, todos o seu bo facer e profesionalidade.

Obrigadas!

Portada da Sistematización do Programa “Horizonte 2030” creada por Idoia de Luxán.

Consultoría para a Elaboración do I Plan Estratéxico Xuvenil de Solidariedade Internacional de Galicia

Dende Solidariedade Internacional de Galicia (en adiante, SIG) contaron con Faísca Consultora durante os meses de novembro e decembro do 2020 para a Elaboración dun Diagnóstico sobre intereses e necesidades en Participación Xuvenil, que servíu para nutrir o I Plan Estratéxico Xuvenil Participado desta entidade.

Durante a súa elaboración aplicamos técnicas cuantitativas e cualitativas, para a obtención do Diagnóstico, ademais de espazos grupais facilitados  grazas á axuda do noso colaborador Bugui García (falicitador de grupos e creador da metodoloxía Facilitación Sistémica), para crear un documento estratéxico participado polas persoas mozas da entidade.

Así, o resultado do proceso é o I Plan Estratéxico Xuvenil de SIG, que de maneira participada recolle os sentires de boa parte das persoas mozas que participan na entidade dende distintos roles (Voluntariado, Xunta Directiva, Equipa Técnica e Persoas en Prácticas).

Dende Faísca Consultora queremos dar as grazas a Solidariedade Internacional de Galicia por ter contado con nós para este traballo tan fermoso.

Agardamos que o producto acadado sirva para comezar a camiñar pola senda da Participación Xuvenil en Solidariedade Internacional de Galicia.

Moitas grazas por contar con nós!

 

Consultoría de Apoio ao Emprendemento: Acompañamento a WendalGreen

Dende Faísca Consultora, levamos xa un tempo acompañando a WendalGreen na elaboración do seu proxecto de negocio.

Tivemos varias sesións onde traballamos un DAFO sobre as posibilidades da idea, un mapa de experiencias para o deseño os servizos e subservizos que quere ofrecer como empresa, e a misión, visión e valores sobre os que se sustenta a mesma.

Paso a paso, imos camiñando cara á concreción dos seus obxectivos, cunha metodoloxía flexible baseada na Facilitación Sistémica, que se adapta ás circunstancias, á propia idea de negocio e á persoa que hai detrás dela.

Queremos dar as grazas a WendalGreen por confiar en Faísca e facernos partícipes dos seus soños.

Mil grazas por contar con nós!

Seguimos!

 

Sesión de Elaboración de misión, visión e valores
Sesión de Elaboración do Mapa de Experiencia de Servizos e Subservizos

Consultoría para a Avaliación do Programa de Bolsas de Formación de Persoas Expertas en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

Dende Faísca Consultora estamos orgullosas de facer público o documento de Avaliación do Programa de Bolsas de Formación de Persoas Expertas en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento encargado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa EU da Xunta de Galicia.

Consideramos que a realización destes traballos é necesaria, non só para mellorar os programas a desenvolver polas Administración, senón tamén para rendir contas á cidadanía dos gastos que as mesmas realizan co diñeiro público.

Encantadas de que haxan confiado en nós para o desenvolvemente deste traballo.

Moitas grazas pola confianza!

No seguinte enlace podedes ver o resultado desta Avaliación:

https://cooperacion.xunta.gal/sites/w_coopga/files/actualidade/avaliacion_programa_bolsas_de_formacion.pdf