Arquivo da categoría: Documentos clave

Consultoría para a Elaboración do I Plan Estratéxico Xuvenil de Solidariedade Internacional de Galicia

Dende Solidariedade Internacional de Galicia (en adiante, SIG) contaron con Faísca Consultora durante os meses de novembro e decembro do 2020 para a Elaboración dun Diagnóstico sobre intereses e necesidades en Participación Xuvenil, que servíu para nutrir o I Plan Estratéxico Xuvenil Participado desta entidade.

Durante a súa elaboración aplicamos técnicas cuantitativas e cualitativas, para a obtención do Diagnóstico, ademais de espazos grupais facilitados  grazas á axuda do noso colaborador Bugui García (falicitador de grupos e creador da metodoloxía Facilitación Sistémica), para crear un documento estratéxico participado polas persoas mozas da entidade.

Así, o resultado do proceso é o I Plan Estratéxico Xuvenil de SIG, que de maneira participada recolle os sentires de boa parte das persoas mozas que participan na entidade dende distintos roles (Voluntariado, Xunta Directiva, Equipa Técnica e Persoas en Prácticas).

Dende Faísca Consultora queremos dar as grazas a Solidariedade Internacional de Galicia por ter contado con nós para este traballo tan fermoso.

Agardamos que o producto acadado sirva para comezar a camiñar pola senda da Participación Xuvenil en Solidariedade Internacional de Galicia.

Moitas grazas por contar con nós!