faisca-consultores-elaboración-documentos-clave

ELABORACIÓN DE DOCUMENTOS CLAVE

PLANS ESTRATÉXICOS

Un Plan Estratéxico é o primeiro e principal paso para realizar a xestión e dirección dunha organización e contén a formulación da estratéxica organizativa.

Consiste na definición dunha serie de camiños e formas, así como de recursos, para conseguir, a longo prazo, os propósitos e obxectivos que dirixen a actuación da entidade, contando coa implicación do maior número de persoas no deseño e desenvolvemento do mesmo.

Todo iso co fin de satisfacer aos clientes ou público obxectivo ao que se dirixe, á vez que se optimizan os esforzos e resultados para conseguilo.

DESEÑO DE PERFÍS

Antes de seleccionar a unha nova persoa para a organización, é necesario saber que necesita a entidade en referencia a ese posto. Para que a persoa escollida encaixe, este proceso debe ser participativo, é dicir, non só debe implicar á persoa directiva senón tamén a aquelas persoas que traballan con ela, de tal maneira que, á hora de crear o perfil, este sexa adecuado para as tarefas que vai desenvolver e para a acollida e integración no equipo no que vai traballar, co fin de que o devandito equipo funcione da maneira máis adecuada posible.

PLANS DE ACOLLIDA E INTEGRACIÓN

Cando unha persoa se incorpora a unha nova organización é natural tratar de acollela e integrala, co fin de facer que se senta parte do equipo e, desta maneira, motivala para realizar o mellor posible as funcións para as que foi contratada.

É importante ter todo este proceso mecanizado, xa que non se pode facer depender da vontade de terceiras persoas que esta acollida e integración na organización sexa realizada.

Os plans de acollida e integración son protocolos a seguir dentro da entidade, elaborados de maneira colectiva, para poder crear un equipo cohesionado e solvente. Neles reflíctense as tarefas e responsabilidades dentro do equipo para acoller e integrar a unha ou varias persoas á súa chegada á organización.

PLANS DE FORMACIÓN

Toda entidade necesita que o seu persoal laboral ou voluntario adquira ou actualice a súa formación, co fin de dotalos de mellores ferramentas persoais e laborais para o seu traballo dentro dela.

Con este fin nacen os plans de formación, que planifican a formación que han de seguir todas as persoas que participan na organización, contando coas mesmas, para acadar maior motivación, implicación e mellores resultados a longo prazo

PRECISAS DA NOSA AXUDA? CONTACTA COA NOSA EQUIPA

Contacta con FAISCA Consultora

Menú