Arquivo da categoría: Evaluación de proxectos

Avaliación Final e Liña de Base: “Escolas Sen Racismo”

Durante o ano 2021 non estivemos paradas, entre outras cousas, estivemos colaborando con Asemblea de Cooperación Pola Paz (en adiante, ACPP) e Asociación Galega para a Comunicación Social (en adiante, AGARESO) en dous consultorías externas: unha para a elaboración da Avaliación Final do Proxecto “Escolas Sen Racismo,Escolas para a Paz e o Desenvolvemento  2020”; e outra para a elaboración dunha Liña de Base do Proxecto “Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento 2021”

O proxecto leva moitos anos sendo avaliado, polo que non resultou doado, pero aínda así, algunha das recomendacións da avaliación xa se está a poñer en práctica durante este curso académico.

Con respecto á liña de base, en palabras da entidade: “resultada un documento moi interesante e útil”.

Estamos contentas de ter desenvolvido estes traballados para unha organización como Asemblea de Cooperación Pola Paz (que tanto se nomea cando estudamos) en coordinación con AGARESO, unha organización importante e salientable pola súa contribución a tantos proxecto tanto en Galicia coma no exterior.

Trala última reunión mantida xa estamos planificando a próxima intervención con estas dúas entidades: a Avaliación Final de “Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento 2021”.

Parabéns á coordinación do proxecto, polo tandem entre as dúas organización  (ACPP e AGARESO), e por poñer tanto mimo e interese en este proxecto, non só para lograr os mellores resultados, senón tamén para que este siga progresando e adaptándose ás condicións actuais.

Grazas por ter contado con Faísca Consultora!

Foi un pracer colaborar con vós e seguir fancéndoo este 2022!

“Fotos da recollida de información para a Avalición Final de Escolas Sen Racimos 2020”

Sistematización do Programa “Horizonte 2030”

Xa fai uns meses rematamos a Sistematización do Programa “Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora”, programa desenvolvido por Solidariedade Internacional de Galicia.

Foi un traballo intenso, desenvolvido a través de diferentes técnicas de análise de datos, tanto cuantitativas, como cualitativas. Ademais de empregar técnicas de facilitación de grupos, coa colaboración de Bugui García (facilitador organizacional e creador da metodoloxía de Facilitación Sistémica) e facilitación gráfica, coa axuda das infografías creadas por Idoia de Luxán (Deseñedora Gráfica e Ilustradora).

Entre todas as persoas participantes conseguimos facer unha reflexión sobre o acontecido nestes 4 últimos anos que camiñou o programa “Horizonte 2030”, navegando entre os puntos fortes e débiles deste percorrido, e afondando nas vivenciais ás que deu lugar.

O programa deu como resultado a ferramenta de participación social “O Globo”, concebida no seu primeiro momento como un observatorio de participación en Educación para a Cidadanía Global. Na súa web, podedes atopar un motón de micro-experiencias de transformación social que se están a desenvolver, non só en Galicia, senón tamen no resto do Estado.

É un pracer ter feito este traballo, para nós tan bonito, en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia, e xs maravillosxs profesionais que participaron na súa elaboración.

Grazas a todas as persoas participantes en todo o proceso, sen elas non podería ter sido elaboradora esta sistematización.

Grazas a Solidariedade Internacional de Galicia por confiar en nós unha vez máis.

E grazas ás nosas persoas colaboradoras, Bugui García e Idoia de Luxán, por facilitar, ademais do resultados obtido, todos o seu bo facer e profesionalidade.

Obrigadas!

<Portada da Sistematización do Programa “Horizonte 2030” creada por Idoia de Luxán.>

Avaliación Bolsas de Formación

Dende Faísca Consultora estamos orgullosas de facer público o documento de Avaliación do Programa de Bolsas de Formación de Persoas Expertas en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento encargado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa EU da Xunta de Galicia.

Dentro do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) a Xunta de Galicia, aposta por reforzar a cultura de avaliación, investigación e aprendizaxe colectiva dos actores e axentes de cooperación (L.A.5.4.). Concretamente explicita:

“Promoverase a aprendizaxe colectiva do conxunto de axentes e actores da cooperación galega a través da apertura de espazos para o intercambio de coñecementos, boas prácticas e resultados. Para a mellora das prácticas de avaliación, abordarase participativamente a definición dun marco de avaliación da cooperación galega co fin de delimitar os principios, criterios e recursos necesarios. Ademais, os Plans anuais da cooperación galega integrarán un plan anual de avaliación e estudos. Ao tempo, promoverase a celebración de encontros abertos á cidadanía para a socialización, presentación de resultados e rendición de contas dos actores e axentes de cooperación. Por último, o conxunto de insumos que integran a xestión do coñecemento da cooperación galega (memorias anuais, avaliacións, investigacións, etc.) serán accesibles á cidadanía e divulgados publicamente.”

Dende Faísca Consultora consideramos que a realización destes traballos é necesaria, non só para mellorar os programas a desenvolver polas Administración, senón tamén para rendir contas á cidadanía dos gastos que as mesmas realizan co diñeiro público.

Encantadas de que teñan confiado en nós para o desenvolvemento deste traballo.

Moitas grazas pola confianza!

No seguinte enlace podedes ver o resultado desta Avaliación do Programa de Bolsas de Formación dende o 2010 ata o 2018:

https://cooperacion.xunta.gal/sites/w_coopga/files/actualidade/avaliacion_programa_bolsas_de_formacion.pdf