Dende Solidariedade Internacional de Galicia (en adiante, SIG) contaron con Faísca Consultora durante os meses de novembro e decembro do 2020 para a Elaboración dun Diagnóstico sobre intereses e necesidades en Participación Xuvenil, que servíu para nutrir o I Plan Estratéxico Xuvenil Participado desta entidade.
Durante a súa elaboración aplicamos técnicas cuantitativas e cualitativas, para a obtención do Diagnóstico, ademais de espazos grupais facilitados grazas á axuda do noso colaborador Bugui García (falicitador de grupos e creador da metodoloxía Facilitación Sistémica), para crear un documento estratéxico participado por gran parte das persoas mozas da entidade.
Foi un proceso no que se recurríu a axentes externos da entidade, na parte do Diagnósticos, e a axentes internos, na parte de construcción e consenso do documento.
Así, o resultado do proceso é o I Plan Estratéxico Xuvenil de SIG, que de maneira participada recolle os sentires da maioría das persoas mozas que participan na entidade dende distintos roles (Voluntariado, Xunta Directiva, Equipa Técnica e Persoas en Prácticas).
É unha delicia para nós, que, tanto no proceso, coma no resultados final, as persoas participantes viran reflexadas as súas contribución, xa que creemos que en colectivo pódense facer cousas más potentes, xeitosas, eficaces, eficientes e representativas dos sentires, que se o fixéramos de maneira individual.
Dende Faísca Consultora queremos dar as grazas a Solidariedade Internacional de Galicia por ter contado con nós para este traballo tan fermoso.
Agardamos que o producto acadado sirva para comezar a camiñar pola senda da Participación Xuvenil en Solidariedade Internacional de Galicia.
Moitas grazas por contar con nós!