Emprendemento WendalGreen

Dende Faísca Consultora, levamos xa un tempo acompañando a WendalGreen no seu proceso de emprendemento, concretamente no deseño da idea de negocio.

Tivemos varias sesións onde traballamos un DAFO sobre as posibilidades da idea de negocio, un mapa de experiencias para o deseño dos servizos e sub-servizos que quere ofrecer como empresa. Ademais de traballar a misión, visión e valores sobre os que se sustenta WendalGreen.

Paso a paso, imos camiñando cara á concreción dos seus obxectivos, cunha metodoloxía flexible baseada na Facilitación Sistémica, que se adapta ás circunstancias, á propia idea de negocio e á persoa que hai detrás dela.

Soñamos alto e forte, pero cando queremos aterrar a idea é preciso comenzar por cousas pequenas e factibles, para ir construíndo pouco a pouco, e dando pasos de cara a cumprir os nosos soños.

Queremos dar as grazas a WendalGreen por confiar en Faísca e facernos partícipes dos seus soños.

Esperamos que todo este acompañamento no seu emprendemento, sirva para crear unha idea de negocio productiva e acorde aos tempos que corren. Desexámoste o maior dos éxitos. Ogallá sigas desfrutando de todo o proceso, tanto como dos primeiros pasos.

Mil grazas por contar con nós!

E grazas tamén ao resto de persoas autónomas que tamén confiaron en Faísca Consultora para desenvolver os seus diferentes procesos de emprendemento.

Cada persoa é un mundo, ten as súas propias necesidades e os seus propios interes, e nós intentamos adaptarnos a elas, sempre seguindo os seus propios sentires.

Grazas a todas!

 

Sesión de Elaboración de misión, visión e valores
Sesión de Elaboración do Mapa de Experiencia de Servizos e Subservizos