Avaliación Bolsas de Formación

Dende Faísca Consultora estamos orgullosas de facer público o documento de Avaliación do Programa de Bolsas de Formación de Persoas Expertas en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento encargado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa EU da Xunta de Galicia.

Dentro do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) a Xunta de Galicia, aposta por reforzar a cultura de avaliación, investigación e aprendizaxe colectiva dos actores e axentes de cooperación (L.A.5.4.). Concretamente explicita:

“Promoverase a aprendizaxe colectiva do conxunto de axentes e actores da cooperación galega a través da apertura de espazos para o intercambio de coñecementos, boas prácticas e resultados. Para a mellora das prácticas de avaliación, abordarase participativamente a definición dun marco de avaliación da cooperación galega co fin de delimitar os principios, criterios e recursos necesarios. Ademais, os Plans anuais da cooperación galega integrarán un plan anual de avaliación e estudos. Ao tempo, promoverase a celebración de encontros abertos á cidadanía para a socialización, presentación de resultados e rendición de contas dos actores e axentes de cooperación. Por último, o conxunto de insumos que integran a xestión do coñecemento da cooperación galega (memorias anuais, avaliacións, investigacións, etc.) serán accesibles á cidadanía e divulgados publicamente.”

Dende Faísca Consultora consideramos que a realización destes traballos é necesaria, non só para mellorar os programas a desenvolver polas Administración, senón tamén para rendir contas á cidadanía dos gastos que as mesmas realizan co diñeiro público.

Encantadas de que teñan confiado en nós para o desenvolvemento deste traballo.

Moitas grazas pola confianza!

No seguinte enlace podedes ver o resultado desta Avaliación do Programa de Bolsas de Formación dende o 2010 ata o 2018:

https://cooperacion.xunta.gal/sites/w_coopga/files/actualidade/avaliacion_programa_bolsas_de_formacion.pdf