faisca-consultores-evaluacion-proyectos

AVALIACIÓN DE PROXECTOS

Avaliacións Ex-ante

As avaliacións ex-ante son aquelas que se realizan co fin de seleccionar os proxectos que son susceptibles de ser financiados, en función duns criterios establecidos polas organizacións financiadoras.

Diagnósticos

Os diagnósticos realízanse co fin de deseñar unha intervención acorde coa realidade na que se pretende intervir. Ademais da descrición da situación actual real, o diagnóstico presenta unha serie de conclusións sobre esa situación, así como recomendacións para realizar a intervención.

Liñas de base

As liñas de base dos proxectos serven para saber de onde parte a intervención que se quere realizar.

As liñas de base presentan esta situación a modo de descrición, conclusións do proceso descritivo e recomendacións para alcanzar os obxectivos e resultados propostos no proxecto.

Normalmente as liñas de base realízanse para medir os indicadores iniciais do proxecto e, unha vez concluída a intervención, saber se se avanzou nos mesmos e canto, mediante a avaliación final do proxecto.

Plans de seguimento e avaliación

O ciclo de proxectos leva unha serie de fases, dende o diagnóstico para a formulación, ata a avaliación final, que nos di o que conseguimos.

Os plans de seguimento e avaliación son unha serie de protocolos que establecen os pasos que hai que seguir para facer o correcto monitoreo dos resultados a fin de aplicar as correccións oportunas para que o proxecto consiga os seus obxectivos.

A vantaxe da realización destes plans recae na facilitación da avaliación final ás propias organizacións que levan a cabo os proxectos.

Avaliacións finais

Unha vez rematado un proxecto é conveniente saber que foi ben e que se pode mellorar, valoración dos méritos e posterior aprendizaxe. Ademais, serve para facer rendición de contas a todas as persoas implicadas durante toda a intervención.

Para a avaliación dun proxecto márcanse unha serie de criterios, indicadores e preguntas clave que se responderán co fin de saber se se teñen cumpridos os seus obxectivos, como e canto, chegando a unha serie de conclusións e de recomendacións de mellora cara futuras intervencións.

Sistematización de experiencias

A sistematización de experiencias é un proceso clave para aprender de todo o que realizamos ao longo do proxecto. Non só é a memoria do mesmo, senón que debe marcar os puntos clave e a súa valoración, co fin de facer reflexionar ás persoas participantes sobre como resultou a intervención e poder recoñecer as boas prácticas levadas a cabo durante o mesmo.

PRECISAS DA NOSA AXUDA? CONTACTA COA NOSA EQUIPA

Contacta con FAISCA Consultora

Menú